Suspendido por segunda vez un xuízo pola folga de letrados

O xuízo era contra un acusado de estafar máis de 200.000 euros á nai dun amigo falecido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2023 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña suspendeu, por segunda vez, un xuízo a un home acusado de estafar máis de 200.000 euros a unha muller de 62 anos, á que prometeu utilizar o seu diñeiro para realizar investimentos. Esta vez foi pola folga indefinida dos letrados da Administración de Xustiza.

A Fiscalía considera que os feitos constitúen un delito continuado de estafa polo que solicita unha pena de cinco anos e seis meses de cárcere.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Público, a vítima contactou a finais de 2016, tras o falecemento do seu fillo, co acusado, que era amigo deste e que a asesorou en temas financeiros, con experiencia laboral ademais en entidades bancarias.

Exterior dos Xulgados da Coruña
Exterior dos Xulgados da Coruña | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta