O reto de Syriza

A clara vitoria de Syriza rebenta un gromo de esperanza no ermo actual da Unión Europea, onde por vez primeira se podería enxergar unha posibilidade de rematar coas políticas de austericidade da Troika.

Por Manuel Bragado | Vigo | 26/01/2015

Comparte esta noticia

Syriza, unha coalición de forzas de esquerda de espírito europeísta, asumiu onte o compromiso co pobo grego de recuperar a súa dignidade e a soberanía na súa gobernanza.

Xaora, para desenvolver o seu programa terá que facer compatible a súa capacidade para negociar nos «mercados» internacionais a reestruturación da débeda ilexítima coa do financiamento que Grecia aínda precisa. Nunca foi doado inxerir o triángulo dentro da circunferencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA