Por Europa Press / Redacción | Galicia | 17/03/2023 | Actualizada ás 14:18
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, apremou ao Goberno nas obras do viaduto da A-6 que se derrubou, en O Castro, ante o que o novo secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, David Lucas, reivindicou estar a traballar "coa maior dilixencia e urxencia" que permite a lexislación.
"A conselleira falaba da A-6... Saben que onte se terminou a demolición do taboleiro da ponte en dirección Madrid. Imos empezar xa cono a demolición do taboleiro en dirección A Coruña, e a idea é que o de Madrid estea terminado este ano e o da Coruña o que vén", destacou David Lucas.
Neste sentido, comprometeuse a "tentar repoñer no menor tempo posible" a infraestrutura.Con anterioridade, a conselleira aproveitou a súa intervención para lembrar que en materia de estradas á Xunta preocúpalle "a reconstrución total do viaduto da A-6".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.