Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/03/2023 | Actualizada ás 17:35
Un home de 89 anos morreu na tarde deste mércores ao sufrir un accidente co tractor que manexaba no municipio ourensán de Riós. Segundo trasladou a Garda Civil de Ourense, o sinistro produciuse ás 16,15 horas no quilómetro 3 da estrada OU-P-0000, na parroquia de Rubiós.
O tractor que conducía o falecido sufriu unha saída de vía pola marxe esquerda da estrada e terminou envorcado. Ata o lugar mobilizáronse profesionais de Urxencias Sanitarias 061 e da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.