O prezo dos alimentos dispáranse en marzo en Galicia e crece case un 17% máis

O IPC moderou a súa subida en marzo ao 3,4% en Galicia, unha décima por enriba da media estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu en Galicia un 0,4% en marzo en relación co mes anterior e recortou tres puntos porcentuais a súa taxa interanual, ata o 3,4%, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Así, o IPC queda en Galicia unha décima por enriba do rexistrado a nivel estatal, xa que no total de España os prezos incrementáronse un 3,3% en marzo, en relación co mesmo mes de 2022. En concreto, o prezo dos alimentos e as bebidas non alcohólicas disparouse en Galicia o mes pasado un 16,6%, mentres que as bebidas alcohólicas e o tabaco encarecéronse un 8,5%. Pola súa banda, o vestido e o calzado subiron un 2% e o enxoval un 7%.

Os medicamentos (+1,8%), as comunicacións (+2,4%) e o lecer e a cultura (+4,3%) tamén aumentaron de prezo, do mesmo xeito que os hoteis, cafés e restaurantes (+7,5%). Pola súa banda, o prezo da vivenda baixou un 17,9% en Galicia nos últimos doce meses. Tamén caeu o custo dos transportes un 4,1% e o do ensino, un 0,8%.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, o IPC subiu un 0,4% en marzo en relación ao mes anterior e recortou 2,7 puntos a súa taxa interanual, ata o 3,3%, polo abaratamento da electricidade e os carburantes e polo feito de que os prezos de alimentos e vestido e calzado aumentaron menos que en igual mes de 2022, sempre segundo os datos definitivos do INE, que coinciden cos avanzados a finais do mes pasado.

Imaxe dun supermercado.. EROSKI
Imaxe dun supermercado.. EROSKI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta