Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 17:51
Esquerda Unida de Ferrol conmemorou este venres 14 de abril o 92 aniversario da proclamación da Segunda República cunha ofrenda floral realizada no antigo cemiterio de Canido, onde tamén renderon tributo á figura do recentemente falecido Vicente Couce, coñecido como "o cura vermello" da cidade naval.
Ao redor de medio centenar de afiliados e simpatizantes de EU, coa seu resposanble local, Paula Faraldo, á fronte participaron neste acto, que reivindicou o valor histórico dunha "data clav" para "todas as persoas comprometidas coa democracia, a igualdade e a liberdade.
"Ademais de render homenaxe ás persoas que contribuíron coa súa loita ao mellor do noso acervo democrático, tamén queremos facer un chamamento a redobrar a defensa dos valores republicanos", detallou Faraldo, ademais de manifestar que "despois de case 100 anos, seguen sendo sinónimo de futuro e progreso".
Na súa alocución en defensa da República, a ferrolá destacou que este sistema de xestión do Estado "é sinónimo de progreso fronte a unha institución arcaica, corrupta e antidemocrática como é a monarquía, que carece de lexitimidade xa na súa propia esencia, desde a súa condición hereditaria ata o principio de inviolabilidade que a converte nunha institución impune".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.