O prezo do aluguer segue asfixiando aos galegos e sobe un 2%

Galicia rexistrou unha subida trimestral do 2% e unha interanual do 6% no prezo do aluguer según os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/04/2023 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Galicia segue sofrendo a súbida do precio do aluguer, o cal se incrementou nun 2% neste primeiro trimestre do ano. Nas demais comunidades autónomas houbo 14 incrementos trimestrais e 16 incrementos interanuais. En marzo nove delas superaron os seus prezos máximos: Madrid, Baleares, Cataluña, Canarias, Navarra, Comunidade Valenciana, Andalucía, Castela e León e Extremadura.

Por outra banda, a oferta de vivendas en aluguer reduciuse un 5% durante o primeiro trimestre do ano a nivel estatal, en comparación co mesmo trimestre do ano pasado, segundo un estudo publicado por Idealista. O volume de vivendas en aluguer ofertadas sitúase en mínimos desde 2016.

En concreto, 24 capitais españolas teñen agora moitas menos vivendas en aluguer das que había fai un ano. Entre elas están Ourense e A Coruña cun 14% e 12% menos, respectivamente. En Pontevedra, incrementouse un 1% e en Lugo un 18%.

Por provincias, na da Coruña descendeu un 5%, na de Ourense un 9% e na de Pontevedra un 4%. Na de Lugo aumentou un 11%.

Cartel de aluguer
Cartel de aluguer | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta