Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 14:27
A Xunta, o Clúster Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (Agetan) mantiveron unha reunión na que sinalaron a "idoneidade" de permitir tres quendas diarias de acceso ao arquipélago dos Guidoiros, que forma parte illote do Areoso.
Segundo trasladou a Xunta este mércores nun comunicado, o Goberno galego trasladou que "concretará co sector turístico os horarios de acceso", co obxectivo de "garantir o equilibrio entre a protección dos valores e o aproveitamento público deste espazo natural".
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, incidiu en que "o incremento en tempada alta de 100 a 150 os visitantes diarios permitidos no Areoso segue os mesmos criterios que se aplican no acceso a outros espazos naturais". Así, puxo por exemplo, o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Con todo, o tañamo dunha e doutra illa non ten nada que ver.
Nesta liña, explicou que "todos os cambios previstos mellorarán a futura orde de usos e actividades". Do Campo remarcou que se busca "combinar o interese turístico crecente desta zona coa protección dos notables valores e recursos naturais que concentra".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.