Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 16:17
Renfe atribúe a "unha incidencia na infraestrutura", que depende de Adif, o novo atraso rexistrado este mércores nun tren madrugador que saía de Vigo.
En concreto, o tren que debía saír ás 6,57 de Vigo Guixar e pasar por Pontevedra ás 7,28 sufriu case unha hora de atraso, de modo que arrincou ás 7,40 e chegou á cidade do Lérez ás 8,11, ás 9,10 a Santiago (cando inicialmente se prevía para as 8,27 horas na capital galega).
O pasado luns, segundo sinalan as fontes da operadora consultadas por Europa Press, o atraso debeuse a "unha incidencia puntual do vehículo". Varias plataformas con contas nas redes sociais fixéronse eco estes días do que denuncian que son constantes retrasos e o delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou este martes que Renfe traballa nun plan para evitalos.
Pola súa banda, Adif ultima a posta en marcha do sistema de seguridade 'ERTMS' no eixo atlántico e na contorna da estación compostelá (incluída a curva de Angrois, que rexistrou o accidente con 80 vítimas mortais en xullo de 2013), para o que haberá cortes na circulación na liña Ourense-Santiago desde as 0,00 horas do día 22 ata as 5,15 horas do 25.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.