Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2023 | Actualizada ás 16:00
O Foro Galego de Inmigración (FGI), en representación de colectivos de migrantes, realizou un informe sobre as principais vulneracións de dereitos e exclusión que perciben contra este colectivo. A entidade avanzou que, analizado o escendario, exporá unha serie de demandas aos partidos que concorren ás eleccións municipais do 28 de maio.
No informe, o Foro inclúe vulneracións aos dereitos dos migrantes, actos de racismo en entidades públicas e dificultades para o acceso aos servizos básicos. Sostén, ademais, que a cantidade de casos que xorden van en aumento e esperan que os grupos políticos tomen nota diso. Para iso, difundiron unha serie de demandas que tamén exporán directamente ás formacións e ás que esperan que se responda para mellorar as dificultades ás que se enfronta o colectivo.
DEMANDAS
A primeira solicitude está ligada coas vulneracións en materia de estranxeiría, polo "colapso" que padece o sistema público, no que respecta a dar citas para a atención. Destaca o Foro Galego de Inmigración que "o aumento das actuacións e actitudes racistas por parte das administracións públicas con requisitos ou prazos imposibles de cumprir" agravan a situación do colectivo migrante.
Outro dos puntos do informe incumbe ás solicitudes de nacionalidade que, segundo a entidade, contan con moita demora para as resolucións que non facilitan o arraigamento do migrante. Pero tamén coas nacionalidades xa outorgadas con atraso na entrega, ou en xúraa da nacionalidade, que "pon en risco de caducidade do proceso".
Tamén son requiridas melloras no acceso á vivenda, onde FGI denuncia "accións claramente racistas por parte de propietarios e inmobiliarias", o acceso á saúde dos migrantes e ás prestacións sociais non outorgadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.