Por Galicia Confidencial | Allariz | 03/05/2023 | Actualizada ás 09:00
“Estas xornadas para familias xorden como un espazo de encontro entre familias do noso concello, un espazo de con-vivencia, no que compartir coñecementos, experiencias e momentos” explicaban na presentación Maribel Poisa e Uxía Fernández, concelleira de Benestar Social e educadora familiar do Concello de Allariz, respectivamente.
Coincidindo coa celebración do Día Internacional das Familias, o 15 de maio, estas xornadas para familias comprenden unha serie de actividades como obradoiros, contacontos, concerto e relatorios nas que as familias podan acompañar ás crianzas no seu crecemento.
"Con-vivencias acompañando na crianza" poñen o foco no acompañamento á cativada da casa no seu crecemento valorando aspectos como: as olladas que podemos ter cara as crianzas, as cousas que hai en xogo, a aposta polos saberes compartidos e polos espazos de participación familiar...
En calquera caso, o apoio e acompañamento das familias xunto coa diversidade de cada unha delas --das crianzas e da crianza en si mesma-- é un dos obxectivos principais desta primeira edición.
PROGRAMACIÓN AO DETALLE
Venres 5 de maio
17:30 INAUGURACIÓN DAS XORNADAS. Presentación por parte de Maribel Poisa Rey, concelleira de Benestar Social e Uxía Ferrnández Cordeiro, Educadora Familiar.
CHARLA-COLOQUIO: ACOMPAÑANDO NA CRIANZA.
Ponente: Uxía Fernández Cordeiro. Educadora Familiar do Concello de Allariz.
Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.
18:00 O CUCO. PERCUBEBÉS. Con Marcelo Dobode e Bea Martínez.
Conto e obradoiro musical dirixido a crianzas de 0 a 3 anos.
Lugar: Xardín do Fogar dos Maiores. Duración: 40´
Sábado 6 de maio
11:00-12:30 RIMAS CON MOVEMENTO.
”Psicoloxía evolutiva: o desenvolvemento do triple vínculo con Rimas en Movemento de Tamara Chubarovsky”
Imparte: Raquel Penín Devesa. Psicóloga e psicopedagoga
Obradoiro para familias con crianzas de 0 a 6 anos.
Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.
Inscrición previa nas dependencias do Fogar dos Maiores ou no 988 55 40 59 / 683 61 46 91
Haberá servizo de canguraxe para quen o precise, avisar con antelación.
Mércores 10 de maio
17:00-19:00 PONENCIA: CRIANZA, NORMAS E LÍMITES. ESTRATEXIAS PARA LOGRAR UN EQUILIBRIO.
Ponente: Cristina Reigosa Fernández. Orientadora educativa
Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.
Haberá servizo de canguraxe para quen o precise, avisar con antelación.
Venres 12 de maio
17:30-19:30 FAMILIAS EN MOVEMENTO: OBRADOIRO PARA ACOMPAÑAR E CON-VIVIR.
Imparte: Nuria Sotelo. Bailarina e coreógrafa
Obradoiro para familias con crianzas de 4 a 10 anos.
Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.
Inscrición previa nas dependencias do Fogar dos Maiores ou no 988 55 40 59 / 683 61 46 91
Luns 15 de maio. FESTA DO DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.
17:30 PIQUENIQUE, ven merendar en familia!
18:00 FESTA DAS FAMILIAS!
PETER PUNK PALLASO. Chungo que te cagas. Actuación de circo, malabares, humor e clown ... para todas as familias
Lugar: Xardín do Fogar dos Maiores
Duración: 50´
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.