Paco Rodríguez ve en Podemos unha "trapallada propangandística" do sistema

Como en cada véspera dun proceso electoral importante, o que fóra líder da UPG -o principal partido dos que quedan no Bloque- publica un artigo en Terra e Tempo sobre o camiño a seguir polos nacionalistas. Desta volta, Francisco Rodríguez dirixe os seus dardos contra a formación de Pablo Iglesias.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/02/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Na súa opinión, o fulgurante éxito de Podemos explícase en parte por unha caste de conspiración mediática argallada dende os estudios televisivos de Madrid.  "Estas alternativas políticas novas non se poden entender sen a crucial colaboración dos medios de comunicación, o específico combinado TV-Internet, capaz de catapultar o necesario líder mediático", sinala o principal referente teórico ideolóxico da fronte nun artigo de Terra e Tempo , o voceiro da UPG. 

Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG
Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG | Fonte: www.bng-galiza.org

Rodríguez tamén cualifica de sucursalista a Podemos en Galicia, ataca a súa presunta indefinición ideolóxica e mesmo se mete con Breogán Ribóo, ex-militante do BNG e ANOVA que foi elixido para liderar Podemos no país:  "seguindo as consignas dos xefes madrileños, puidemos ler e escoitar  como  un dirixente sucursalista emerxente, nada menos que de nome Breogán, ben arroupado pola mediática galega, afirmaba que a súa alternativa non era de dereitas nin de esquerdas, nin nacionalista nin centralista".

Na súa opinión a alternativa do partido morado é "trapallada propagandística" que usa "demagoxia máis simplista" para no fondo perpetuar o sistema capitalista. Fronte a isto, o ex-deputado contrapón a uns nacionalistas que "non entran no deseño" dos poderosos e que denben combatir a Podemos con  "formación e información cultural".

Liderado pola UPG, de cara as municipais, o BNG desbotou de novo pactar calquera coalición con forzas de ámbeto estatal. Agora ben, a aritmética electoral en moitos municipios pode obrigar a un pacto no caso de que as forzas de esquerdan queiran evitar un goberno do PPdeG. 

Nas últimas eleccións, as europeas de 2014, o BNG (79.000 sufraxios) quedou relegado a quinta forza política no país, depois da terceira (AGE con 106.00) e Podemos (84.000).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 bautista do unto

Esto si que é facer propaganda do Sistema: http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

1 José

Pois si, unha entrevista para a história, interesante e graciosa a un tempo

2 Bokata de grelos

Seguro que ao año alienado ou colonizado mental, gostaria lle mais que os seus gustos foran mais polo rap hip hop, glam metal , sexo, droga e a co-na da Bernalda "modelna". Non pola chamado "opera chica", cultivada as veces, por grandes xenios da música. O teu comentario di todo de ti, machiño.

2 Luís López Castromán

Nos moitos anos de política non vin tanta publicidade barateira a unha forza política sen apenas representación institucional, agás ao PSOE na transición. Mentres, o sistema reduce e censura aos partidos que lle poden facer dano: o BNG na Galiza e a IU no Estado Español. Como sempre algúns individuos póñense nerviosos e pensan que hai que unirse a eses novos para cambiar as cousas sen se decataren de que só é unha estratexia do sistema.

1 Luís López Castromán

Coincido con Paco Rodríguez.