Presentan a obra cume de Martín Sarmiento tras 20 anos de investigación

A obra completa é unha especie de compendio dos intereses temáticos do autor e un dos seus traballos máis significativos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega e o CSIC presentaron --en Madrid este venres-- a obra cume de Martín Sarmiento (1665-1772), chamada 'Obra de 660 pregos', subtitulada 'De historia natural e de todo xénero de erudición', dividida en cinco volumes tras un traballo de investigación iniciado en 2002 baixo a coordinación de Henrique Monteagudo.

A obra completa é unha especie de compendio dos intereses temáticos do autor e un dos seus traballos máis significativos. Así, na obra abórdanse asuntos como a historia natural, a economía, a educación, a agricultura ou as orixes da poesía.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a subdirectora de CulturaCientífica e Ciencia Cidadá do CSIC, Pura Fernández, e o doutor e antigo investigador do RJB-CSIC Ramón Morais presentaron o cinco volumes.

Así, Rosario Álvarez valora que se salda unha "débeda non só co propio Sarmiento, que deixou un patrimonio inmenso, senón tamén coa cidadanía, á que lle ofrecemos o acceso gratuíto a uns dos legados máis orixinais da Ilustración.

Monteagudo explica que Sarmiento comezou esta obra "cando tiña 60 anos, xa de idade avanzada e con problemas de mobilidade, e nela falou de todos os asuntos que lle preocupaban".

Martín Sarmiento - Galipedia
Martín Sarmiento - Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta