Interceptado en Ourense con 140 quilos de haxix por ir a máis velocidade da debida

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2023 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Un condutor foi detido este mércores ao ser detectado nun control por exceso de velocidade con 140 quilos de haxix no vehículo, segundo informa a Garda Civil.

O home, de nacionalidade marroquí, foi detido polos axentes no control que o subsector de Tráfico de Ourense tiña establecido na A-52, ao seu paso polo concello de Xunqueira de Ambía.

Nese momento, comprobouse que o condutor circulaba con exceso de velocidade, excedendo os límites legalmente establecidos. No rexistro do vehículo foron achados catro fardos de haxix de grandes dimensións.

Unha vez realizado o narcotest e arroxando o positivo a haxix constatouse un peso aproximado total de 140 quilogramos, repartidos en paquetes dun quilo.

O detido, o vehículo e a mercadoría están custodiados na Comandancia da Garda Civil de Ourense, á espera da posta a disposición xudicial.

Droga incautada nun control de velocidade. GARDA CIVIL
Droga incautada nun control de velocidade. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta