Por Galicia Confidencial | O PORRIÑO | 18/05/2023 | Actualizada ás 19:57
A xornada de hoxe en Cans trouxo un dos momentos máis emotivos do festival co reencontro das actrices que hai 25 anos foron protagonistas dunha das series históricas do audiovisual galego, “Mareas Vivas”. Isabel Blanco, Camila Bossa, Sonia Castelo, María Louro e Ana Santos volveron a xuntarse e falaron sobre as súas vivencias de hai más de dúas décadas e sobre o papel da muller no cinema e o audiovisual galego na actualidade.
Xa pola noite o festival ten prevista a apertura oficial da súa XX edición coa proxección no Círculo Cultural de O Porriño da longametraxe, “Honeymoon”, do director Enrique Otero, á que asistirá parte do equipo do filme.
O coloquio organizado pola Fundación AISGE no que participaron as actrices de “Mareas Vivas” serviu non só de reencontro dun grupo de vellas compañeiras senón tamén foi unha oportunidade para reivindicar o papel das mulleres no audiovisual galego e sinalar que algunhas barreiras seguen sen ser superadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.