Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2023 | Actualizada ás 23:12
José Manuel Rey Varela volve a alcaldía de Ferrol. Faino oito anos despois de gobernar esta cidade tamén por maioría absoluta e logo de quedar ás portas de facelo nos pasados comicios.
De feito, a de Ferrol, é a única maioría absoluta que acada o PPdeG nunha das sete cidades galegas aínda que estivo a piques de acadala en Lugo, onde acadou doce edís dos treces en disputas.
Rey Varela volve a alcaldía logo de ter pasado pola Xunta, como conselleiro de Política Social de Feijóo e deputado na Cámara galega. "Son un home con máis experiencia e, sobre todo, na administración pública", indicaba nunha recente entrevista con GC sobre a súa posible volta ao consistorio ferrolán.
O PSdeG do actual rexedor, o socialista Ángel Mato, perde un e queda con sete. Ferrol en Común tamén perde un escano, quedando con dous mentres o BNG consegue subir ata os tres, un máis dos que tiña nas anteriores eleccións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.