Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/05/2023 | Actualizada ás 17:16
A CRTVG asegura que foron rexeitados todos os recursos que se presentaron contra a súa cobertura da campaña das pasadas eleccións municipais. Destaca así que a "correcta estimación" do plan e da cobertura quedou "definitivamente referendada" polos organismos competentes.
Segundo informa, a xunta electoral provincial deu traslado na tarde do xoves do seu acordo sobre o último recurso que quedaba por resolver ante a cobertura electoral para as eleccións do pasado domingo. Este acordo "non foi recorrido pola formación política propoñente ante a xunta electoral central, por tanto, a resolución xa é firme", sinala. En concreto, indica que se correspondía cun debate de candidatos en Santiago.
AUDIENCIA
Por outra banda, noutro comunicado, destaca que a TVG alcanzou a maior cota de pantalla de España na xornada electoral do domingo, tanto no conxunto da xornada como no 'prime time'.
Cun 17,2 % de media do día foi, resalta, líder tamén entre as canles autonómicas, seguida pola ETB2, e ao longo da xornada 1.004.000 galegos formaron parte da audiencia da TVG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.