Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2023 | Actualizada ás 11:58
O Rov submarino que descendeu este sábado para comprobar se a estrutura metálica localizada polo buque 'Ártabro', que se encarga da misión de procura, localización e inspección do pecio da 'Vila de Pitanxo', confirmou que se trata do pesqueiro galego que naufragou en febreiro de 2022 en augas de Terranova.
Tras esta confirmación, o seguinte labor do operativo despregado polo 'Ártabro' será a gravación do pecio para tratar de esclarecer que ocorreu o 15 de febreiro de 2022, cando o naufraxio do 'Pitanxo' acabou coa vida de 21 dos 24 mariñeiros a bordo.
A partir de aí, as familias dos falecidos trataron de pescudar que sucedeu, polo que sempre pediron que se baixe ao pecio para buscar probas. Despois de que este venres o 'Ártabro' localizase unha estrutura metálica na mesma zona na que se afundiu o 'Pitanxo', as familias mostrábanse "expectantes e esperanzadas" á espera de confirmar que, efectivamente, tratábase do pesqueiro galego.
Durante a instrución, o xuíz tomou declaración ao patrón do pesqueiro, Juan Padín, en calidade de imputado, ao seu sobriño Eduardo Rial e ao mariñeiro Samuel Kwesi, como testemuñas, ao ser os únicos sobreviventes do naufraxio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.