Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 18:25
PuntoGal e Opentrad asinaron un acordo para que as webs con dominio '.gal' poidan traducir entre galego e castelán de forma automática e gratuíta mediante un complemento de WordPress.
Segundo informou Opentrad, este convenio de colaboración ten o obxectivo de fomentar o uso do galego no entrono dixital. Así, o que buscan é aproveitar os avances en tradución automática en relación co galego para incorporar esta lingua ás webs co dominio PuntoGal. Este acordo permite que os usuarios de WordPress que teñan activada a posibilidade de ter contido en varios idiomas poidan automatizar a súa versión en galego.
O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, incidiu en que este "é só un primeiro paso para facer máis fácil a presenza do galego nunha das plataformas máis populares, robustas e usadas da rede". Pola súa banda, o desenvolvedor de Opentrad, Diego Vázquez, destacou as "enormes posibilidades" que a tradución automática e outras ferramentas da lingua ofrecen aos galegos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.