Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/06/2023 | Actualizada ás 15:37
Randstad prevé que a campaña de verán xerará 33.540 contratos en Galicia, un 13,2% máis que en 2022, cando se asinaron 29.627. De cumprirse estes datos, o incremento na comunidade sería 10,9 puntos porcentuais superior á media (2,3%).
No que se refire a volumes de contratación, o rexistrado en Galicia suporía, de materializarse estas estimacións, o 6,6% do total de todo o país.
A nivel provincial, Pontevedra (14.390) e A Coruña (13.100) rexistrarían os maiores volumes de contratación, seguidas por Lugo (3.730) e Ourense (2.320).
En canto variacións con respecto ao ano pasado, os maiores terían lugar en Pontevedra (17%) e Ourense (13,2%), por diante da Coruña (10,3%) e Lugo (9,9%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.