Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/06/2023 | Actualizada ás 20:43
Dúas persoas resultaron feridas na Mezquita ao saírse da vía o vehículo no que viaxaban pola A-52, ao seu paso polo quilómetro 113, na Canda.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 18,00 horas a través dos xestores de emerxencias do 112 Castela León, ao ser unha zona limítrofe entre Galicia e esta comunidade. Segundo a información recibida no 112 Galicia, tratábase dun vehículo todo terreo que dera varias voltas de campá tras saírse da vía.
Ata o lugar, unha vez coordinados ambos os centros de emerxencias e confirmado o punto dos feitos na Comunidade galega, acudiron ademais dos servizos sanitarios de urxencias, os axentes de Tráfico e os membros do GES da Gudiña.
Finalmente, unha vez no punto, os membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que os dous ocupantes feridos o vehículo ían ser trasladados polos servizos sanitarios ao Hospital de Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.