Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2023 | Actualizada ás 21:25
David Posada, catedrático de Xenética e investigador do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo cerrará o xoves 15 de xuño, as 19:00 horas o “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos” falando sobre a evolución das nosas células e por que se producen os tumores.
Nesta liña Posada explica que “durante a nosa vida acumulamos millóns de mutacións nas nosas células". "En determinadas ocasións, algunhas destas mutacións alteran a función de xenes fundamentais, orixinando unha multiplicación anómala tumoral que dá lugar ao cancro”, engade.
Ademais resalta que non só factores como o tabaco, a exposición aos raios ultravioletas do sol ou o consumo de substancias nocivas provocan os tumores senón que algunhas veces danse de maneira natural pola mutación das células e explica que “o cancro adoita manifestarse, principalmente, en idades avanzadas porque, co paso dos anos, as células van acumulando máis e máis mutacións no seu ADN que as fan máis proclives a convertérense en malignas”.
En relación ao estudo do cancro salienta que " é un proceso evolutivo natural, polo que o reto dos científicos é estudar como é ese proceso evolutivo co fin de poder entender mellorar a enfermidade, avanzar na súa detección temprá, na súa prevención e no desenvolvemento de terapias que contribúan a unha mellor calidade de vida dos pacientes”.
Cabe recordar que ao ano, según a World Health Organization, 10 millóns de personas morren a causa desta enfermidade que xa é unha das principais causas de defunción no mundo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.