Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/03/2015 | Actualizada ás 20:54
O traballo de George vai encamiñado, nos últimos anos, cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.
George é especialista, entre outros temas, en reforma da Unión Europea, política comercial europea, débeda e institucións financeiras internacionais, alternativas á globalización empresarial, taxa sobre as transacións especulativas; seguridade alimentaria e comercio internacional. Sobre estes temas escribiu máis dunha decena de libros que foron traducidos a diversos idiomas, ademais de numerosos artigos.
As xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, que pretenden ser un punto de encontro no que informarse e debater sobre os Tratados de Libre Comercio, comezarán así este xoves no marco das accións globais contra o TTIP que terán lugar en todo o mundo, e que culminarán o día 18 de abril co Global Action Day. Ao longo destas sesións, abertas a toda a cidadanía, analizaranse polo miúdo as características, orixe, alternativas e consecuencias dos Tratados de Libre Comercio (TTIP, TISA, CETA,...).
Ademais da sesión de George, o programa das xornadas organizadas por Ecoar Vigo é o seguinte:
- Martes 31 de marzo, 19:00h. (Biblioteca Municipal Anxel Casal, Santiago de Compostela; Salón de Graos da Facultade de Socioloxía, A Coruña; Café De Catro a Catro, Vigo)
Videoconferencia: Florent Marcellesi (investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO) + Tom Kucharz (xornalista, investigador social e activista).
- Sábado 4 de Abril, 20:00h. (Salón de Actos do IES Santa Irene, Vigo)
Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet)
- Xoves 9 de Abril, 19:00h. (Salón da Actos da Facultade de Económicas, Santiago de Compostela)
Conferenciante: Ricardo García Zaldívar (activista, Doutor en Economía, profesor na Universidad Carlos III Economía e Presidente de Attac España)
- Luns 13 de Abril, 19:00h (Aula Magna da Facultade de Socioloxía, A Coruña)
Conferencia: Arcadi Oliveres (activista, pacifista, Doutor en Ciencias Económicas e profesor na Universitat Autònoma de Barcelona).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.