Ollo, as sereas de todas as presas galegas soarán alertarán 22 e 23

Trátase dun simulacro sonoro da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A Xunta ten previsto realizar este xoves e este venres, días 22 e 23 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas ás 39 presas galegas que están dotadas de plan de emerxencia.

Segundo informa a Administración autonómica, trátase dun simulacro sonoro que acenderá máis dun centenar de alarmas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, é dicir, Alcoa, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados e persoal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Ademais das presas, activaranse o catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove. Segundo detalla a Xunta, o primeiro sinal de aviso audible será a partir das 9,00 horas deste xoves augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón.

A partir desa hora, as probas desenvolveranse en diversas localidades de Galicia ata as 13,00. Finalizarán na presa de Albarellos, en Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle. Ao día seguinte, este venres, retomaranse as probas ás 9,00 da mañá na presa de Vilagaduin, en Tordoia, e concluirán ás 13,00 na de Velle, en Ourense.

Un grupo de piraguistas nun encoro galego
Un grupo de piraguistas nun encoro galego | Fonte: e

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta