Denuncian que os cartos da Xunta en Venezuela acaban en campos de golf

Os socialistas pídenlle á Xunta que aclare onde van os cartos que mandan ao país caribeño. Emigración di que, cada ano, a Administración galega destina 600.000 euros a labores asistenciais, sociais e culturais dos 46.000 galegos que residen no país americano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emigración, anunciaba esta fin de semana que renovaba os acordos con entidades de Venezuela para axudar a garantir as condicións de vida dos galegos máis desfavorecidos e, dado o "delicado momento" que vive este país, está a ampliar os servizos a prestar a este colectivo.

Rodríguez Miranda xura o cargo de secretario xeral de Emigración ante Feijóo, Rueda e o ex conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez
Rodríguez Miranda xura o cargo de secretario xeral de Emigración ante Feijóo, Rueda e o ex conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez | Fonte: xunta.es

A Administración galega destina, cada ano, 600.000 euros, supostamente, a labores asistenciais, sociais e culturais dos 46.000 galegos que residen no país americano, segundo Emigración. O seu obxectivo é que as entidades asentadas en Venezuela que prestan atención sanitaria e social “sigan garantindo durante 2015 dita asistencia a maiores galegos en risco de exclusión”.

Os ámbitos que abarca esta colaboración, insiste a Xunta, son, ademais do coidado de maiores, a dependencia ou enfermidade grave, a invalidez, enfermidades crónicas ou desemprego. “Emigración quere ademais apoiar o desenvolvemento de accións que consoliden o papel das comunidades galegas como eixo catalizador da axuda social en todo o país e, precisamente, polo delicado momento que vive Venezuela, están a ampliarse as súas funcións e a carteira de servizos que van prestar a todos os galegos que residen neste país”, suliña nun comunicado.

Estas comunidades desenvolven tarefas de apoio para facilitar os requisitos administrativos ás persoas beneficiarias dos programas sociais de Emigración, ademais das axudas individuais, as de emerxencia social, os programas Conecta con Galicia ou Reencontros en casa, escolas, campamentos, talleres e seminarios, tanto en Caracas como noutras poboacións relevantes do país.

Onde van as axudas?

Sen embargo, estas axudas non sempre rematan onde deben. Ou iso é o que denuncia a Comisión Coordinadora da Agrupación Galaica, da Hermandad Gallega de Caracas, que remitiu unha carta ao secretario xeral de Emigración, sobre a posible disposición irregular de subvencións e axudas da Xunta de Galicia para fins distintos aos que deron lugar a súa concesión. 

O secretario xeral de Emigración, Rodríguez Mirando, nun acto da Hermandad Gallega
O secretario xeral de Emigración, Rodríguez Mirando, nun acto da Hermandad Gallega

Algún dos socios desta entidade fala de 500.000 euros, durante os últimos dous anos, que a dirección da Hermandad Gallega pretende destinar, en parte, a adquirir a un club de golf. O escrito xa foi remitido a distintas administracións e político. De feito, nunha misiva remitida a este medio Jose Lista Hermo , socio da Hermandad Gallega De Venezuela, critica que esas achegas non aparecen rexistradas como parte dos activos da asociación. Por iso, decidiu mandar un comunicado á Xunta.

Isto provocou que a Secretaría Xeral de Emigración  tivera que saír ao paso das críticas asegurando que todas as axudas e subvencións solicitadas e concedidas foron debidamente xustificadas por parte desa entidade. 

Sobre se se teñen destinado á construción dun campo de golf, Emigración suliñou nunha resposta escrita que o ordenamento xurídico do Estado español e da Comunidade Autónoma “impide que os importes das axudas públicas poidan empregarse noutro obxecto diferente do sinalado na petición de axuda e subvención”.

Con todo o PSdeG xa presentou unha iniciativa parlamentaria para saber se a Xunta de Galicia ten realizado unha auditoría sobre a correcta utilización das subvencións, axudas e outras achegas, á Hermandad Gallega de Caracas durante os dous últimos anos. Tamén lle pide que concrete se as subvencións recibidas pola Hermandad Gallega de Caracas teñen documentación que se corresponde coa realidade, así como o número e importe destas achegas.

Escrito dun socio da Hermandad Gallega:

Yo . Juan Jose Lista Hermo , soy socio de la Hermandad Gallega De Venezuela  (  Caracas ) y gallego por nacimiento nacido en Carballo ( la Coruña ) , estoy muy preocupado por los fondos que nos manda la Xunta De Galicia , porque hace pocos dias me entere que la hermandad , tenia unos fondos que envia la Xunta por un valor aproximado de unos 500.000,00 euros dicho por la propia junta directiva de la hermandad , pero esos fondos no estan en los balances que nos suministran a los socios todos los años , por eso me pregunto como suministran los fondos la Xunta De Galicia y a nombre de quien , ya que me parece bastante distante de la realidad , que esos fondos no esten registrados a nombre de Nuestra HERMANDAD GALLEGA , y que esten dirigidos al bienestar de los gallegos sobre todo de aquellos que mas lo necesitan , yo quisiera que por su parte la Xunta de Galicia le exija porque no invirtieron esos euros que mandan en obras sociales y en el Colegio Castelao  y segundo porque esos euros que envian a la HERMANDAD NO ESTAN REGISTRADOS COMO PARTE DE LOS ACTIVOS.  , nosotros no sabemos ni donde ni como estan esos euros y que se hace con ellos , mucho le agradeceria que me orientaran ya que la plancha que esta gobernando lleva 20 años y a nosotros los gallegos socios de la hermandad no nos comunican nada  ( solamente ellos que se alternan en la junta directiva ) estan al tanto de los euros que según dicen es acumulado en varios años .

Hermandad Gallega de Venezuela entrega una placa a Aurelio Miras Portugal, director general de Migraciones del Ministerio de Empleo y Seguridad Social do Goberno Español
Hermandad Gallega de Venezuela entrega una placa a Aurelio Miras Portugal, director general de Migraciones del Ministerio de Empleo y Seguridad Social do Goberno Español
Xantar da Hermandad Gallega
Xantar da Hermandad Gallega
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Orgullo da miña Patria

A mala sona que temos os galegos, na outra beira do Atlántico, é porque nos asocian cos expañois. Coa sua rapiña e crueldade na conquista, cando por ser empresa co clero e a coroa de Castela, tivemos prohibido pisar chán americano ate 1765, cando todo estaba esquilmado. Os galegos sempre fumos apreciados alí pola nosa idiosincrasia, non hai país que non tivera un descendente de galego entre as suas mais salientables. gallego na Arxentina e o Uruguai, significa bruto, non parvo, coma nos fan crer. Está amosado por estudos, que mais porque non entenden a nosa ironía, que pola pouca cultura.

1 Orgullo da miña Patria

Agora están a botar estrume no noso nome, ao usar as nosas institucións, para facer as políticas coloniais expañolas mais corruptas, inxerencistas, reaccionarias e servas do colonialismo ianqui. Rematan de destapar que foi un burdo montaxe o noxento programa de A3 "En tierra hostil". No que o presidente da chamada "Hermandad Gallega" do que fala o artigo, foi o encargado de poñelos en contacto con Macri e outros escuálidos e contratar as entrevistas amañadas, que saian no programa coma escollidas a boleo. Están a usar o noso nome para facer as políticas mais rastreiras e anti galegas.

2 Máis_galego

Mágoa que non saiban moitos galegos de dónde ven o de chamar galegos aos espanhois en América. Eche unha historia interesante, porque é parte da historia do povo galego. Algún día saberedes que o da discriminación aos galegos en América non ven do tempo da emigración, senon de moito antes, de cando gobernaba Espanha en América... revisade os "cielitos" e os desafíos que facían os descendentes dos espanhois a Canivet e os seus galegos na guerra da independencia. Iso ven dende a Reconquista espanhola ... coma as políticas antigalegas.

3 galegoexiliado

A ver si me aclaro. ¿Queredes decir que os cartos dos galegos que os franquistas mandan á Venezuela son pa pagar a débeda istórica dos colonizadores españois, e por eso se gastan en campos de golfos e comedeiros de cinco visas?. Claro que ó mellor esos cartos son dos impostos que os galegos das américas pagan por votar na Galiza, e non sufrir as resultados do seu voto. Pois nada, si hai que pechar un hospital ou una escola pa axudarlles....

2 Antiimperialista

Os cartos que os PPaifocos mandan para Latinoamérica , van para filo asociación que se adican ao carretaxe de votos. O centro galego de Caracas ten un longo historial de xuizos por corrupción. Non contentos con eso, agora tamén se adican, ao mercenarismo político do neo colonialismo expañol, sempre lacaio do imperialismo gringo no seu "patio traseiro", tan só interesado en facerse cos recursos naturais, do país do mundo que mais reservas atesoura, e que só pertecen ao pobo venezolano.

1 Bolívar

Maduro ten razón. A Hermandad Gallega de Venezuela (o nome en castelán xa os delata) e un niño de fachas españoleiros. Ten que pasar a mans do povo venezuelano. É o que ten que pedir o PSOE.