Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/07/2023 | Actualizada ás 21:00
As redes sociais e Internet están á orde do día e cada vez atópanse presentes a idades máis temprás. Os datos falan por si sós e é que o 53,4% dos adolescentes galegos ten acceso a tres ou máis plataformas dixitais. Pero hai que recordar que a rede non está creada para un uso infantil senón adulto polo que, en moitos casos, carece de normativas adecuadas para este uso. A esto hai que sumarlle que segundo datos da enquisa EU Kids Online, o 40% dos menores de entre 11 e 16 anos descoñece cómo facer un uso seguro de Internet.
Na comunidade, unha sondaxe realizada por iCmedia Galicia, o 50,9% dos mozos e mozas de 12 a 16 anos pasa máis de dúas horas ao día nas redes sociais. Entre os adolescentes, o número de mozas que dedica máis de tres horas diarias ás redes (39,5%) duplica practicamente ao dos mozos (21,7%).
Esto xera que os menores poidan verse afectados con problemas para a socialización ou problemas de saúde mental, como ansiedade e depresión. Outra problemática á que se enfrontan é que na rede danse unhas condicións, que por desgracia, favorecen e facilitan a violencia, como o acoso escolar, verbal e incluso o acoso sexual.
Os datos confirman tamén que segundo o Ministerio de Interior, en 2017 rexistraronse 2.286 denuncias por delitos contra menores de idade, das cales, 703 foron sobre delitos sexuales en Internet. Máis adiante, unha enquisa realizada por Save the Children en 2019 a 400 mozos e mozas de toda España, mais das tres cuartas partes dos enquisados sufriron violencia online durante a súa infancia. O 47%, incluso mais dun tipo de violencia.
Entre os tipos de violencia online máis habitual atópanse o ciberacoso cun 40%, unha práctica que sufriron por primeira vez entre os 8 e 9 anos, e que afecta en maior medida ás rapazas. Por outra banda o 'sexting' sin consentimento que afectou a un 3,74% dos enquisados, algo que ocorreu sobre os 14 anos, principalmente por parte do rapaz ou rapaza ca que mantiñan unha relación amorosa. Pero actualmente, unha das máis comúns entre os máis novos é a 'sextorsión', en forma de control e violencia frecuentemente por parte da parella.
Por todo isto a asociación iCmedia Galicia sumouse á iniciativa impulsada por seis entidades da sociedade civil para protexer aos menores en internet e as redes sociais. No marco das próximas eleccións xerais e do inicio da presidencia da UE por parte de España, a Asociación Europea para a Transición Dixital, Save The Children, Fundación ANAR, iCmedia, Dálle a Volta e Unicef elaboraron unha proposta de pacto de Estado para a protección da infancia e a adolescencia en internet e as redes sociais.
O documento recolle unha serie de medidas ante a necesidade de asumir o problema, formar aos profesionais para afrontalo e desenvolver a lexislación vixente para que todos os actores implicados asuman a súa responsabilidade. Entre outras propostas, apúntase a necesidade dun maior control dos algoritmos a cargo de organismos independentes, unha maior formación sobre os riscos da contorna dixital ou a necesidade de adecuar o uso de móbiles e pantallas na escola.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.