A Mesa pola Normalización recibe 8.000 sinaturas a favor da toponimia oficial galega

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou esta mañá na Coruña que "a toponimia fala da Historia, da cultura e da lingua dos pobos" e que, polo tanto, "agredir a toponimia galega é agredir o pobo galego".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/06/2023 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística emitiu un comunicado onde sinala que "o pobo galego defendeu estes últimos días a toponimia propia diante dunha campaña de deturpación dos nomes de Sanxenxo, Ourense e A Coruña". A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha concentración no Obelisco para defender a lexislación vixente e publicou un manifesto na súa páxina web que recibiu máis de 7000 sinaturas de apoio en menos de 48 horas.

Mobilización na Coruña, convocada pola Mesa de Normalización Lingüística, en defensa da toponimia oficial galega. A MESA
Mobilización na Coruña, convocada pola Mesa de Normalización Lingüística, en defensa da toponimia oficial galega. A MESA

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou esta mañá na Coruña que "a toponimia fala da Historia, da cultura e da lingua dos pobos" e que, polo tanto, "agredir a toponimia galega é agredir o pobo galego". Neste sentido, criticou duramente as "campañas de odio, vidas desde fóra, que pretenden borrar a pegada que o pobo galego deixou no seu territorio, no noso territorio" e salientou a rápida e contundente resposta do pobo galego, que "non está disposto a ser humillado por ninguén" e, por iso, "respostou masivamente rexeitando as campañas de odio contra o galego".

Maceira denunciou, sen embargo, a falta de resposta dos poderes públicos. "O máis preocupante", abundou, "é o amparo dos poderes públicos a estas agresións, como o apoio da xefatura do Estado ou da presidencia da Xunta ao Foro que deturpa a toponima da Toxa ao final de cada verán". Neste sentido, recordoulle ás administracións galega e española que "a cidadanía galega falou estes días alto e claro", recordando "que os nosos lugares se chaman en galego".

A Mesa recorda que os poderes públicos deben actuar en defensa da lei e contra o uso reiterado e sistemático das formas deturpadas tanto nesta campaña publicitaria como na sinaléctica, nos medios de comunicación ou mesmo mapas dixitais como os de Google. "Atacar e  ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos", defende un manifesto promovido na rede pola entidade de defensa da lingua.

E tanto a Xunta de Galiza como o Goberno español e os concellos deben tomar todas as accións necesarias para garantir o cumprimento da legalidade na toponimia, instar as compañías de xeolocalización a que empreguen as formas correctas e oficiais dos nomes de lugar e manifestarse contra as campañas de odio á lingua galega e á denominación do seu territorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta