Galicia, sede dun programa español de negocios con China

É unha iniciativa que parte da Universidade Intercontinental da Empresa.

Por E.P. | VIGO | 06/07/2023 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A Universidade Intercontinental da Empresa vén de inaugurar a nova modalidade do seu Diploma Avanzado en Relacións Internacionais, DARI 2, o primeiro programa español de negocios internacionais de carácter intercultural que se imparte en Galicia no ámbito universitario.

O acto institucional de apertura celebrouse no Campus de Vigo de UIE e contou coa presenza da coordinadora xeral de Desenvolvemento Académico, Bettina Checchia Cotti; a coordinadora de Relacións Internacionais de UIE, Begoña Jamardo; o coordinador de Desenvolvemento Corporativo de UIE, Andrés Armada Osorio.

Por parte das empresas colaboradoras estiveron Jorge Sieiro, director de Recursos Humanos de Albo; Brenda Costas, directora de Recursos Humanos de Citic Heavy Industries; Antía Barros, Recursos Humanos e Aitor Poseu, Export Manager de Grupo Profand; Mercedes Martín, directora financeira de Lanzal; e Lois Fernández Meijide, Chinese Operations Director de Pesciro.

Tal e como explica a UIE, o DARI é unha acción formativa encadrada no Plan China de UIE, cuxo obxectivo principal é "apoiar as empresas galegas na súa entrada e posicionamento no mercado chinés, proporcionándolles profesionais dese país multilingües con formación empresarial, así como o de promocionar o sector turístico galego en China".

Neste sentido, esta nova modalidade inclúe unha oferta na que se combina a formación teórica coa práctica en empresas coas que UIE rubricou un marco de colaboración. Así, os oito estudantes egresados do Máster de Relacións Internacionais da University of International Business and Economics de China, cos expedientes máis sobresalientes, participarán neste programa inmersivo en empresas como Grupo Profand, Fillos de Carlos Albo, Lanzal, Citic Heavy Industries e Pesciro.

Deles, a metade xa participou nalgunha das edicións anteriores do DARI 1 e ata o 19 de agosto retomarán a experiencia internacional en UIE. Ademais da implantación da nova modalidade, o DARI 1 retoma a súa quinta edición, tras quedar interrompido por mor dos efectos da pandemia. Un total de 14 estudantes de UIBE e 5 de UIE formaranse, desde o 16 de xullo ata o 27 de agosto, mediante visitas a empresas e institucións, desenvolverán proxectos para empresas en equipos multiculturais, perfeccionarán o seu nivel de español e de chinés e realizarán actividades turísticas e de lecer para coñecer Galicia desde unha perspectiva máis amena e diferente.

VOCACIÓN INTERNACIONAL DA UIE

Así as cousas, a UIE anima aos seus estudantes a ampliar as súas experiencias con estancias internacionais en centros estranxeiros de prestixio, grazas a acordos con institucións en practicamente todos os continentes.

Galicia, sede do primeiro programa español de negocios internacionais de carácter intercultural da man da UIE. UNIVERSIDADE INTERCONTINENTAL DA EMPRESA
Galicia, sede do primeiro programa español de negocios internacionais de carácter intercultural da man da UIE. UNIVERSIDADE INTERCONTINENTAL DA EMPRESA | Fonte: Europa Press

En América, conta con acordos con Georgetown University, a Universidade de California Riverside, a State University of New York at Albany, en Estados Unidos e IESA en Panamá. E en Asia, cabe destacar o últimos cinco anos de estreita colaboración con University of International Business and Economics (UIBE) e Tianjing Foreign Studies University, de China, ademais da cooperación con Istanbul University.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta