Unha colisión múlitple deixa cinco persoas feridas en Vilaboa

O sinistro produciuse sobre as 14,00 horas deste sábado. Varios particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2023 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

Cinco persoas resultaron feridas de carácter leve tras producirse unha colisión múltiple con tres vehículos implicados nun cruzamento da N-550 coas N-554, no municipio pontevedrés de Vilaboa.

O sinistro produciuse sobre as 14,00 horas deste sábado. Varios particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Ao ter coñecemento do mesmo, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Soutomaior e ao servizo de mantemento da vía.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta