Manifestación a prol da conservación do planeta en Vigo

Varias organizacións protestarán o vindeiro sábado en Vigo para denunciar o Tratado de Libre Comercio entre a CE e USA.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/04/2015 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Varias plataformas convocan unha manifestación este sábado 18 de abril en Vigo para defender o medio ambiente baixo o lema “As persoas e o Planeta antes que o Capital”. A convocatoria é de ámbito internacional de mobilización do Tratado de Libre Comercio entre a CE e USA.

Contra a mina de ouro en Corcoesto
Contra a mina de ouro en Corcoesto | Fonte: Bocixa Tingalaranga

“As diferentes accións e mobilizacións son a resposta unitaria e coordinada dunha cidadanía que sente que ten problemas e solucións semellantes perante unha situación actual insostible. Os Tratados de Libre Comercio e Inversións, impulsados pola empresas transnacionais e os gobernos de costas á cidadanía, vulneran os dereitos das persoas e o medio ambiente”, apuntan os organizadores nun comunicado.

Por iso, chaman a persoas e organizacións a participar na xornada para organizar accións descentralizadas en cada recuncho do planeta baseadas na diversidade táctica das mesmas. As accións buscarán informar, sensibilizar, fomentar a participación e fortalecer a mobilización da xente cara a un novo movelo económico e de comercio que funcione para o beneficio de todas as persoas e o planeta.

En Vigo a saída efectuarase ás 20:00 dende a Farola de Urzáiz, descenderá por esta, pasará por Policarpo Sanz e rematará na Porta do Sol coa lectura dun manifesto.

A protesta está apoiada por ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG,ContraMINAcción, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, ECOAR))), EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta