Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2023 | Actualizada ás 17:03
A presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia (APG), María Méndez, presentou a terceira edición da campaña #IgualdadeFollowers, que buscará concienciar, mediante o uso de material audiovisual a través das redes sociais, sobre a necesidade de avanzar cara a unha plena igualdade de xénero desde a infancia.
Nesta ocasión, acudiron á presentación as 'influencers' Patricia García ('donkeycool'), Lúa Piñeiro ('luapd') e Clara Redondo ('plantitiscronica'), representando ás 15 personalidades destacadas da campaña, que compartiron as súas experiencias e apoiaron a campaña porque consideran que "é posible lograr a igualdade".
Ademais, participou da presentación no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez Domínguez, que considerou que "as redes sociais poden ser unha boa ferramenta para achegarse a temas sensibles ou conflitivos de maneira amable, sobre todo no que se refire a a mocidade, colectividade na que a conexión coas redes é case permanente".
"Debemos ter moi presente que, en moitos casos, un uso indebido delas pode resultar algo perigoso, pero que do mesmo xeito, enfocándoas ben, poden aproveitarse como unha gran oportunidade, por exemplo cando estamos a falar da igualdade de xénero, un ámbito no que se segue vendo moito por facer", expresou a secretaria.
'INFLUENCERS'
Nesta terceira edición da campaña, contará coa colaboración de quince galegos, entre eles Carlota Corzo, emprendedora e cofundadora de 'lazzaro.io'; Carmen Vidal, xefa de Alergoloxía do CHUS e investigadora e Clara Redondo, deseñadora de moda e influencer.
Tamén coa presenza de Fernando Romay, exbaloncestista, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984; Ismael Ramos, escritor e Premio Nacional de Poesía Nueva Miguel Hernández 2022; Laura Vallejo, operaria forestal e influencer ('lauritavallejo') e Lúa Piñeiro, campioa de Europa de taekwondo.
Así mesmo, súmanse á campaña Lucía Pérez, cantante e representante de España en Eurovisión 2011; María Foscaldo, xornalista e influencer ('Virtudes a Repunante'); Martín da Ponte, tenista adaptado e campión de dobres no US Open 2022 e Miguel Mandayo, futbolista e influencer ('maandayo').
Por ultimo, acompañan este proxecto Nani García, músico e Premio de Honra da Academia Galega do Audiovisual 2023; Patricia García, xornalista e influencer; Paula Vilaboy, bióloga e influencer ('blondiemuser'); e Yolanda Castaño, poeta, editora e xestora cultural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.