Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2023 | Actualizada ás 13:40
Unha moza denunciou un intento de secuestro en Teo, segundo confirmou a Europa Press a Garda Civil, que explicou que, unha vez formalizada a denuncia, iniciarán unha investigación para esclarecer os feitos.
Do caso, unicamente transcendeu que foi unha moza, menor de idade, a que denunciou o caso, uns feitos que se produciron, segundo o seu relato, na tarde de onte, a última hora. En concreto, foi na zona de Montouto e protagonizárono as persoas que ocupaban un coche, un todo terreo, segundo a súa descrición, de cor verde.
Desde a Garda Civil, confirmaron a Europa Press que se investigarán os feitos, á vez que pediron precaución, aínda que tamén apelaron a non caer na alarma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.