Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/08/2023 | Actualizada ás 11:50
O prazo de solicitude para o aproveitamento de parcelas da aldea modelo de Infesta, no concello ourensán de Verín, poderán presentarse desde este sábado. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou, este venres, a resolución pola que se anuncia a convocatoria de concorrencia competitiva para a selección das propostas. Nun comunicado, a Xunta informou de que esta aldea conta cunha superficie de 36,65 hectáreas, repartidas en 930 parcelas de 232 titulares.
As propostas poderán presentarse durante 15 días que acollerán desde o 19 de agosto ata o 4 de setembro. Desta forma, poderán realizar as solicitudes as persoas físicas ou xurídicas, as administracións públicas, as entidades sen personalidade xurídica e os traballadores autónomos. A actividade principal serán os cultivos leñosos, como o viñedo, a oliveira ou árbores froiteiras, e cultivos agrícolas de ciclo curto e complementarios.
Como actividade secundaría atópase a gandaría en extensivo combinada con estes cultivos. Así, a aldea modelo de Infesta "é unha zona óptima" para a posta en produción dos terreos para cultivos leñosos ou cultivos complementarios á explotación gandeira.
As solicitudes presentadas valoraranas e seleccionarán mediante un sistema de puntos, nos que terán en conta criterios como a superficie, a complementariedade con outros proxectos de aldea modelo, a creación de explotacións que incorporen a xente nova e a proximidade entre o proxecto e os núcleos de produción.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.