A Deputación da Coruña adxudica o equipamento para o estudo audiovisual virtual na Cidade das TIC

O equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade do TIC, cofinanciado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/08/2023 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña adxudicou, por valor de 6.115.592 euros, o equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade do TIC, cofinanciado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generation.

A empresa adxudicataria, segundo informa a institución provincial, é Telefónica Servizos Audiovisuais, que se encargará da parte de enxeñaría, dos sistemas de pantallas LED, iluminación, cámara e ópticas, tracking, escenografía virtual e xestión de media, das salas VFX e realizar a posprodución de audio, ademais da instalación, da formación, do mantemento e do soporte técnico.

O sistema de pantallas LED incorpora unha pantalla semicircular cun mínimo de 28 metros de longo e 6 metros de alto e resolución mínima de 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, "coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade".

"Este sistema de pantallas, que permite recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, irá emprazado nun gran estudio de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio", expón o organismo provincial.

Estudo virtual da Cidade do TIC. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Estudo virtual da Cidade do TIC. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta