Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2023 | Actualizada ás 14:43
Varios locais de hostalaría de Santiago e da comarca sufriron o comportamento dunha parella de mozas que se dedica a consumir en restaurantes e cafetarías e vaise sen pagar. Nalgúns casos, a conta alcanzou os 90 euros.
Dada a situación, Hostalaría Compostela lanzaba un aviso aos seus asociados para que puidesen facer fronte á situación e evitala na medida do posible.
Hai uns meses foi un dos hostaleiros afectados o que pasou o aviso á asociación. Aos poucos días de alertar Hostalaría Compostela aos seus asociados, un deles púxose en contacto coa asociación para informar de que no restaurante había unha parella que encaixaba coa descrición facilitada.
Segundo relatan, a parella tentou irse sen pagar e, tras unha breve persecución, acabou por intervir a policía, que solicitou difusión para evitar feitos como estes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.