Extinguido o incendio forestal de Riós tras queimar máis de 21 hectáreas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2023 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Riós, na parroquia de Fumaces e A Trepa, quedou extinguido ás 12,38 horas.

Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 21,37 hectáreas, das cales 12,34 foron de monte raso e os 9,03 restantes de arboledo. O lume empezou ás 16,10 horas e para o seu control foron mobilizados tres técnicos, nove axentes, 16 brigadas, oito motobombas, dúas pas, seis helicópteros e seis avións.

Incendio en Riós
Incendio en Riós | Fonte: Brigada Vilamaior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta