Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 02/09/2023 | Actualizada ás 14:50
A día de hoxe, a influencia das persoas está xa presente en todos os ámbitos, mesmo na natureza e isto, ás veces, ten consecuencias negativas para a conservación da biodiversidade. Os depredadores son unha parte fundamental da cadea alimenticia e axudan a manter o equilibro do ecosistema. Un deles é o lobo ibérico.
A dieta é algo fundamental para calquera animal, especialmente, a do lobo ibérico. Pero, cal é a súa situación en Galicia?. Estes mamífero aliméntase principalmete de animais salvaxes como xabaríns, corzos e cervos. En Galicia o máis abundates destes tres animais é o xabarín segundo o estudo realizado polos investigadores Javier Talegón, Aritz Ruiz-González, Álvaro Navarro-Castilla, Amaia Caro, Toni Gago-Barja, M. Carmen Hernández, Ana Piñeiro e Isabel Barja 'Iberian wolf’s diet and its quality during breeding season: exploring the influence of zone, wolf groups, prey availability and individual factors', pubicado en Researchsquare.
Para este estudo elixiron 4 zonas do país, Invernadeiro, Saguñedo, Castrelo e Baldriz. Detectaron que dependendo da zona ás presas cambiaban. En todo caso, as catro manteñen o xabarín como animal que máis consumen pero en Invernadeiro e Saguñedo engadían aos cervos e en Baldriz e Castrelo aos corzos.
ALIMENTANSE DE ANIMAIS SALVAXES
O informe suliña que os lobos en Galicia teñen unha ampla facilidade para alimentarse de animais salvaxes en lugar de presas domésticas grazas a pouca influencia do home nos espazos que habitan e á protección destes. Isto fai que o lobo poida asegurar unha boa supervivencia na nosa terra e poder seguir desempeñando o papel fundamental que ten.
Así, vese tamén reflexado nos datos que manexa o goberno que indican que o 72% do territorio galego atópase baixo a presencia deste lobo grazas ás boas condicións que teñen nos montes da comunidade. Polo tanto, foi importante crear unha serie de normas para asegurar a convivencia cas actividades do medio rural.
Os autores destacan a estratexia para a conservación e xestión do lobo aprobada no 2022 que mostran que dentro dos feitos coñecidos pola Garda Civil entre 2022 e 2020, as causas de morte deste máis comúns son a caza e o atropelo, e en menor medida o envelenamento. Dentro desta estratexia lévanse a cabo iniciativas para a súa protección como por exemplo a prohibición da súa caza e a concienciación da importancia deste animal para o ecosistema.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.