A TVG segue sen superar os datos do Bipartito

Pecha a tempada de verán cos mellores datos da época Feijóo e Rueda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A TVG pechou a tempada de verán cos mellores datos de audiencia dos últimos 14 anos, desde 2009, xa que foi a canle pública máis visto en Galicia cun 11,7% no total do día, que superou en máis de dous puntos a RTVE, cun 9,5%.

Segundo informou a CRTVG nun comunicado, na franxa do 'prime time' a TVG alcanzou ata o 12,6% de cota media de espectadores no verán, entre o 1 de xullo e o 3 de setembro, segundo os datos do medidor Kantar Media.

Os servizos informativos da TVG foron os referentes unha vez máis nestes meses onde destacan os datos da franxa do mediodía co 'Galicia Noticias' nun 21,2% de cota e o 'Telexornal Mediodía' nun 18,2%.

A TVG chegou este verán a máis de dous millóns de espectadores, o 79,4% dos galegos de catro e máis anos. Por días da semana, ao longo da época estival a TVG liderou de forma absoluta as audiencias dos mércores --12,4% de media--, xoves --13%-- e sábados --11,5%--.

Por outra banda, a Televisión de Galicia continúa sendo un das canles motor da rede de televisións autonómicas Forta, superando a este grupo en 3,3, puntos de cota no conxunto do verán.

Debate electoral do 23X con Miguel Tellado (PP), José Miñones (PSOE) , Marta Lois (Sumar), Néstor Rego (BNG). CRTVG
Debate electoral do 23X con Miguel Tellado (PP), José Miñones (PSOE) , Marta Lois (Sumar), Néstor Rego (BNG). CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Gamela

Hai un mes volvín sintonizar as canles da TDT e, sorpresa, existía unha nova canle chamada ANOVE que non sei de onde saiu pero na que falan algúns calvos sobre política e Ourensanía (?) Un dos calvos é Mario López Rico... (?) Alguén sabe quen está detrás desta nova~vella canle da TDT ? En Vigo levamos 17 anos sofrindo en silencio a canle TeleVigo da que é propietario o grupo Radio Vigo e na que o alcalde Abel Caballero ten o seu Bunker Mediático (?) Pero ANOVE non sabemos quen a financia ?

1 Gamela

Cómo se consigue unha canle (TDT)? a famosa Televión Dixital Terrestre que obrigounos a cambiar antenas e decodificadores...e que hoxe esmorece coa TeleTienda... Quen está detrás de ANOVE ? https://www.youtube.com/@anovetv/playlists (Emiten dende o Círculo de Artesáns na Coruña)

2 Gamela

A TDT é un parente esquecido (polos usuarios das Plataformas de Pago) pero a súa influencia política vai en aumento especialmente entre a xente maior e con menor poder adquisitivo... Se non mirade o favor que lle fan a Abel Caballero dende TeleVigo (con máis de 1.000 Programas Semanais) o programa exclusivo do Alcalde é retransmitido ata TRES VECES por semana en distintos horarios!) Esa publicidade non hai quen a pague ! https://youtube.com/playlist?list=P... Pero non todos temos unha Canle TDT ! Saúde e Boa Reflexión !

1 Gamela

Por que será que cada día vexo a TVG máis como un lugar onde as presentadoras berran en lugar de falar, os presentadores toman á xente por parva en lugar de entrevistala, e onde o respecto polo que sucede na Galicia está lonxe de ser Cultura para se converter en puro espéctaculo charramangueiro...? Serán estes o Indices de Audiencia do século XXI ?