Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 12/09/2023 | Actualizada ás 13:41
Combarro é un dos pobos máis fermosos de Europa. Ou iso é o que din os usuarios de Jetcost que o elixiron xunto a Cadaqués en Cataluña, Tarifa en Andalucía, Sóller nas Illas Baleares e Moraira na Comunidade Valenciana entre os 14 máis belos do continente.
Nestes case tres meses os turistas e viaxeiros puideron percorrer distintos lugares de Europa, gozar nas súas praias, visitar monumentos e museos ou descubrir zonas con moito encanto. Ese parece ser o caso de Combarro.
Os usuarios do potente buscador de voos e hoteis www.jetcost.es, nesta ocasión, valoraron estes últimos en función da súa beleza, a cordialidade das súas xentes, a súa oferta gastronómica e, en conxunto, o seu encanto e personalidade e Combarro en Galicia foi un deles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.