Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2023 | Actualizada ás 18:16
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, enxalzou este domingo "os lazos históricos de irmandade" entre Galicia e Asturias e puxo en valor que a proximidade que sempre existiu entre ambas as comunidades "consolidouse como un sentimento de cooperación e entendemento recíproco que hai que seguir mantendo e transmitindo aos descendentes".
Durante o acto de entrega de insignias ao presidente de Hotusa, Amancio López Seijas, e a Ramiro Fernández Alonso, que durante 30 anos foi perruqueiro da selección española de fútbol masculina, enmarcado na celebración do Día de Galicia en Asturias, Ángeles Vázquez destacou que os galardoados desta edición son "o perfecto exemplo de persoas que, sen perder os vínculos co seu territorio de orixe, superaron todas as fronteiras coa súa prolífica traxectoria".
Ademais, a vicepresidenta segunda, ademais de encomiar o labor da Asociación Día de Galicia en Asturias, que se encarga de desenvolver actividades e iniciativas que reforzan os lazos sociais, culturais e económicos, remarcou que as dúas comunidades comparten tamén "unha biodiversidade e un patrimonio cultural únicos en España".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.