Concentración no Obradoiro este xoves con motivo do evento de alto nivel sobre o futuro do traballo, no que non estará a CIG

Baixo o lema 'A clase traballadora galega por unha Europa dos pobos e con xustiza social', a central sindical denunciará a súa "sistemática exclusión" para a participación "en igualdade de condicións a outros sindicatos e interlocutores sociais, que si estarán no evento ministerial convocado con ese motivo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A CIG convoca unha concentración na Praza do Obradoiro este xoves 21 de setembro ás 10.00 horas coincidindo co evento de alto nivel que abordará o futuro do traballo e do diálogo social. Baixo o lema 'A clase traballadora galega por unha Europa dos pobos e con xustiza social', a central sindical denunciará a súa "sistemática exclusión" para a participación "en igualdade de condicións a outros sindicatos e interlocutores sociais, que si estarán no evento ministerial convocado con ese motivo".

A CIG denuncia que "esta exclusión vulnera os dereitos de representación institucional que ten como sindicato máis representativo desde o ano 1982". Condición, engade, pola que participa "como membro de pleno dereito na delegación española da OIT e dos organismos tripartitos creados no seo da administración xeral do estado e os seus organismos autónomos".

Esixirá, ademais, a derrogación das reformas laborais e unha nova lexislación que "restitúa" os dereitos "arrebatados" á clase traballadora "por culpa das políticas ditadas da UE, que disciplinadamente asumen e aplican os estados, en concreto o español". Nun contexto de crise como o actual, apunta a CIG, instancias comunitarias xa avanzan novas medidas "de austeridade" que segundo avisa "empeorarán as condicións laborais, sociais e de vida dos traballadores".

Imaxe dun traballador nun barco
Imaxe dun traballador nun barco | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta