A exdirectiva de Hostalaría de Santiago polo caso da fraude en subvencións case dez anos despois

O cinco responsables da asociación enfróntanse a dez anos de cárcere por un suposto cobro fraudulento de axudas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2023 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Os cinco homes que formaban a directiva da Asociación Hostalaría de Santiago durante os primeiros anos da década de 2010 sentarán no banco dos acusados a partir do próximo martes 26 de setembro para responder, case dez anos despois da denuncia feita polo equipo que lles deu a substitución á fronte da entidade, polo caso do suposto cobro fraudulento de subvencións públicas.

Fiscalía solicita para o cinco máximos responables da asociación naquela época un total de 10 anos de cárcere por un delito continuado de fraude en subvencións públicas e outros dous de falsidade documental e delito societario.

Tamén están procesadas outras cinco persoas que se enfrontan a unha petición de dous anos e medio de prisión para cada unha pola súa vinculación na trama ao facilitar a través das súas empresas as facturas coas que, segundo sostén o Ministerio Público, a directiva de Hostalaría de Santiago camuflaba o cobro de axudas públicas.

Así o recolle o escrito de acusación de Fiscalía, que afirma que "a maioría" das facturas empregadas para xustificar as subvencións eran "meros artificios" que non respondían "a ningún gasto efectivo" e que unicamente eran usadas para "dar aparencia de realidade" á actividade ilícita que levaban a cabo.

Estes feitos foron denunciados coa chegada en 2015 dun novo equipo directivo á Asociación de Hostalaría de Santiago e chegan, case dez anos despois, a xuízo nunha vista que arrinca este martes 26 de setembro na sección sexta da Audiencia Provincial de Santiago con previsión de que se prolongue ata o venres desa mesma semana.

CATRO SUBVENCIONS

En concreto, o Ministerio Público pide que os directivos da entidade compostelá respondan polo cobro ilícito de catro subvencions outorgadas pola Xunta de Galicia nos anos 2012 e 2013.

Segundo Fiscalía, as dúas primeiras foron captadas ao amparo dun convenio subscrito coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento dun programa de desestacionalización turística asociada á promoción do Camiño Inglés de Santiago. En total, a contía percibida ascende a case 102.000 euros.

En 2013, recibiron outra subvención de máis de 35.000 euros a través da Administración autonómica procedente de fondos europeos de desenvolvemento para levar a cabo actuacións de eficiencia enerxética na sede da asociación, situada na Rúa Salvadas da capital galega.

Precisamente a reforma destas instalacións situadas no compostelán barrio de Vista Alegre foi o obxecto polo que percibiron a subvención de maior contía, que alcanzou os 250.000 euros. Neste caso, Fiscalía sostén que a directiva se puxo de acordo cunha empresa de interiorismo para modificar a data dunha das facturas presentadas e que, deste xeito, entrase dentro do período subvencionable.

Os traballos, engade o Ministerio Público, realizáronse no ano 2009, pero a factura cambiouse 'a posteriori' para que figurasen como feitos no 2011 e así poder optar á axuda da administración.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta