Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2023 | Actualizada ás 11:51
Unha avaría na porta dun tren rexional, de Vigo á Coruña, na parada de Vilagarcía de Arousa, ocasionou, na mañá deste mércores, case unha hora de atraso no seu traxecto, pero sen ocasionar atrasos noutros servizos.
Así, o tren que debería de saír de Vilagarcía ás 10:04, chegou con 20 minutos de atraso e ás 10:50 horas aínda permanecía na plataforma cos pasaxeiros no seu interior.
Con todo, segundo confirmaron fontes de Renfe consultadas por Europa Press, o dano non causou afeccións nos demais trens da liña. Segundo informou a interventora aos viaxeiros, a parada debeuse a unha avaría nunha das portas que non deixou que o tren arrincase.
O atraso comezou a xerar mal estar entre os viaxeiros que algúns ían a clase, á que xa non chegarían, e outros que se dirixían a traballar. Así as cousas, o tren saíu de Vilagarcía minutos antes das 11,00 horas, cando debería chegar á capital galega ás 10,49 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.