O Álbum de Galicia dá entrada ao historiador rexionalista Andrés Martínez Salazar

Martínez Salazar pertenceu tamén ás Irmandades da Fala e foi dirixente do Partido Republicano Federal e de l Liga Galega da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2023 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O editor, arquiveiro e historiador Andrés Martínez Salazar, unha das principais figuras do regionalismo galego, está xa representado no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.

A súa biografía, elaborada por Alfonso Mato, recoñéceo como "unha das persoas máis singulares da cidade da Coruña", onde pertenceu a numerosas corporacións culturais, sociais e políticas. "Foi membro do faladoiro rexionalista liberal da Cova Céltica e un dos fundadores da Sociedade do Folclore Galego e tamén da Real Academia Galega (1905), na que exerceu como tesoureiro e como presidente tras a morte de Murguía en 1923".

Martínez Salazar pertenceu tamén ás Irmandades da Fala e foi dirixente do Partido Republicano Federal e de l Liga Galega da Coruña.

A entrada destaca tamén o seu labor como editor e na súa faceta de historiador, xa que, xunto con Murguía, López Ferreiro, Villaamil e Castro, entre outros, formou parte do grupo hexemónico na historiografía galega do último terzo do século XIX e comezos do XX, precursores da profesionalización historiográfica.

Andrés Martínez Salazar
Andrés Martínez Salazar | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta