Dositeo Rodríguez asegura que a Xunta coñecía o pagamento da indemnización

O que fora conselleiro da Presidencia na primeira parte da era Fraga deféndese da súa imputación por malversación. O seu partido, o PPdeG, non ve polo de agora motivos para pedirlle a dimisión como conselleiro do Consello de Contas de Galicia, o organismo público independente que vela pola limpeza das contas da Administración local e autonómica.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/06/2015 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Dositeo Rodríguez asegura nun comunicado remitido aos medios que a Fundación Cela, da que era membro do padroado, non outorgou trato de favor a Tomás Cabana, pagándolle unha indemnización en diferido por despedimento con cartos públicos para outras actividades e sen coñecemento das adminnistracións que tamén eran membros do Padroado, como argumentou a Xustiza para imputalo por malversación. 

Dositeo Rodríguez canda Feijóo na súa toma de posesión no Consello de Contas
Dositeo Rodríguez canda Feijóo na súa toma de posesión no Consello de Contas

Rodríguez explica que Cabana levou unha indemnización de 32 días por ano traballado, os mesmos días que levaron varios traballadores cando foron botados en 2009. O político conservador lembra que a Fundación estaba nunha situación económica insostíbel, polo que os despedimentos eran plenamente xustificado. 

O ex-voceiro do PP en Santiago asegura que estas administracións foron concedidas co beneplácito da Xunta e que hai probas documentais que así o xustifican.

O Goberno Galego aínda non se pronunciou sobre a situación. Iso si, dende o PPdeG xa saíron en defensa do veterano político. Pedro Puy, voceiro parlamentar, lembra que arestora non hai datos obxectivos que permitan cesar a Rodríguez. "Non hai motivo de incomptaibilidade pero si motivos para a observación puntual deste asunto que acabamos de coñecer", declarou Puy esta mañá aos medios.

A Lei establece que nin Parlamento nin Goberno poden botar aos conselleiros de Contas, pero tamén que deben cesar cando son condenados cunha sentencia firme en relación ao seu cargo. A Fundación, dado que recibe fondos públicos, é susceptíbel de ser audidata polo Consello, o que coloca a Rodríguez nunha situación complicada políticamente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Dosi... tamén facía o que facían TODOS! Cartos ao queixón, Kyrie Eleison... (Señor ten piedade: Don Manuel ao fondo!)