Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 13:52
A Xunta convoca as probas de obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril para o 6 de novembro. Estes exames terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago, entre as 16.00 e as 19.00 horas.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria desta proba. Nesta xornada efectuaranse probas válidas para todas as clases de transporte, especializadas segundo o tipo de mercadorías: explosivos, gases, materias radioactivas, sólidas e líquidas ou líquidas inflamables, entre outras.
A proba constará de dous exercicios: o primeiro, 50 preguntas tipo test; o segundo, sobre supostos acerca das tarefas do conselleiro, con referencia ao modo do transporte e á especialidade correspondente. No caso de renovación do certificado, os aspirantes deberán responder a 50 preguntas tipo test, explica o Goberno galego nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.