Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/10/2023 | Actualizada ás 20:30
A empresa Jofra S.A., encargada dos traballos de limpeza industrial na central térmica de Endesa nas Pontes, presentou este martes, 24 de outubro, aos seus representantes sindicais a súa intención de acometer un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo.
A empresa xustifica esta decisión na finalización do contrato dos servizos de limpeza industrial neste centro que expira o próximo 30 de novembro de 2023. En paralelo, o contrato do servizo de limpeza de oficinas nestas mesmas instalacións, que tamén está a cargo desta compañía con sede central en Avilés, finalizaría o próximo 31 de decembro, o que implicaría o total de Jofra S.A. na térmica pontesa.
Desde o ámbito sindical, e máis en concreto desde a CIG, esíxeselle a Endesa "dar continuidade aos postos de traballo do persoal das empresas auxiliares durante o predesmantelamento e o propio desmantelamento da central, xa que as intencións desta compañía é a "extinción dos contratos de todo o persoal", tanto de limpeza industrial como de oficinas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.