Un estudo revela as dúas caras da publicidade feminista

Segundo o estudo "Meaningful Women", realizado por Havas Media Group e IMOP Insights, o 88% dos traballos seguen amosando corpos esveltos e só o 12% restante inclúe todo tipo de corpos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/10/2023 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A presión social, con movementos como o Me Too, fixo que grandes marcas transformen a súa maneira de facer publicidade e poñan o feminimo nun dos seus principais focos. Por exemplo, a campaña de Dove na que por primeira vez saían mulleres de todas as tallas que rompían cos canons establecidos. Segundo o estudo "Meaningful Women", realizado por Havas Media Group e IMOP Insights, o 88% dos traballos seguen amosando corpos esveltos e só o 12% restante inclúe todo tipo de corpos. Outro dato que recolle e que se tende ao equilibrio entre a presenza de homes. No 58% das campañas realizadas, a muller traballa e goza do ocio, mentres que o 24% fai labores do fogar ou coidados. 

Unha muller pasea con bolsas de firmas de moda pola Gran Vía
Unha muller pasea con bolsas de firmas de moda pola Gran Vía | Fonte: Alejandro Martínez Vélez

Ante estos datos, pode dicirse que a publicidade realmente pode ser feminista? "É unha pregunta difícil de responder", admite María Isabel Menéndez, catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade e autora do libro '¿Puede la publicidad ser feminista?'. Unha campaña feminista, coñécese co termo 'femvertising' e os sectores que máis apostaron por iso son os que teñen como cliente principal ás mulleres. Caso de empresas de moda, cosmética, productos de hixiene ou de alimentación.  

O que continúa a ser unha incógnita é saber se, a aposta que fan estas marcas, é porque realmente a igualdade forma parte da súa identidade. Para a profesora Neus Soler, moitas empresas fano só por marketing: "Demóstrano nas súas prácticas habituais non igualitarias". Entre estas firmas está Nike, que "nas campañas aposta polo feminismo, pero non dubida en rebaixar as condicións contractuais de patrocinio ás atletas que se quedan embarazadas, tal e como elas mesmas denunciaron en varias ocasións", comenta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta