O PSdeG acusa a Rueda de "enganar e someter" ao sector da pesca aos "intereses electorais" coa lei do litoral

O secretario xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso, incidiu en que son os populares os que "provocan inseguridade xurídica" tras aprobar "de forma unilateral" unha lei que "choca en 27 artigos" coa Constitución.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2023 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que "deixe de enganar e someter" á cadea mar-industria aos "intereses electorais" do PPdeG coa lei galega do litoral.

Estas declaracións chegaron tras o acto celebrado na Cidade da Cultura, na xornada do sábado, no que o sector mar-industria esixiu ao Goberno que "reconsiderase" a súa decisión ante esta lei.

No acto, no que tamén participaron a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asinaron un manifesto.

Na xornada deste domingo, Formoso incidiu en que son os populares os que "provocan incertezas e inseguridade xurídica" tras aprobar "de forma unilateral" unha lei do litoral e "choca en 27 dos seus artigos" coa Constitución.

"Non se pode xogar con normas, nin se pode defender a Constitución pola mañá e incumprila pola tarde", engadiu. O socialista "ten claro" que a día de hoxe "ningunha empresa" do sector do mar-industria "corre perigo" pola normativa estatal, xa que "todas e cada unha das prórrogas" das concesións solicitadas "foron autorizadas" polo Goberno.

Por outra banda, considerou que isto é "parte da estratexia electoral" do PPdeG cara ás autonómicas e emprazou a Rueda a "volver á vía do diálogo nun asunto de país" e lembroulle que "se o que quere facer é campaña, que convoque xa eleccións".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso/EP / Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso/EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta