A TVG presume de alcanzar a mellor cota de pantalla nun mes de outubro da última década

A corporación autonómica nun comunicado reivindica que os seus servizos informativos foron, "unha vez máis", os "referentes".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2023 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia (TVG) pechou o mes de outubro cunha cota de pantalla do 10,8%, a máis alta no décimo mes do ano desde o 2013, hai unha década. Ademais, no 'prime time', alcanzou unha media do 10,9%. Son datos do medidor Kantar Media que recolle a corporación autonómica nun comunicado no que reivindica que os seus servizos informativos foron, "unha vez máis", os "referentes" en outubro. Se se compara a cota de audiencia da televisión galega co resto de canles autonómicas da Forta, consegue 2,3 puntos máis que a media do grupo

De feito, ao mediodía, entre as 13,30 e as 15,30 horas, a emisión do 'Galicia Noticias' e o 'Telexornal Mediodía' alcanzou unha cota do 18,3% de luns a venres, a 1,3 puntos da segunda canle máis visto. Ademais, os días laborables, as audiencias medias son mesmo superiores á media do mes. No 'prime time', a TVG destaca o dato do luns coas emisións de 'Operación Marea Negra' e o ciclo de cinema galego 'Realmente G', cun 11,1% de media; o do xoves (12,5%), con 'Land Rober Tunai Show'; o do venres, con 'Luar' (11,9%); e o do sábado, con 'Bamboleo' (11,2%). .

Marta Darriba, xornalista e presentadora do 'Telexornal' da Televisión de Galicia (TVG).. CRTVG
Marta Darriba, xornalista e presentadora do 'Telexornal' da Televisión de Galicia (TVG).. CRTVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta